
Animal sentimental é no seu conxunto un ensaio sobre os sentimentos e sobre a súa importancia para interpretar e xestionar o mundo. No presente libro faise unha reflexión sobre o esgotamento da tradición racionalista occidental e sobre a necesidade de abrirlle novas portas ao coñecemento.