no rebaño gris
agáchanse lobos

(xesús manuel valcárcel)

 

O SENTIMENTALISMO é unha teoría revolucionaria (filosófica, artística e universal) que promove a liberación da persoa a través da arte e do coñecemento.

     Compartimos o propósito de ser conscientes (dentro dunha sociedade alienada e manipulada), o propósito de mellorar (en calquera aspecto da vida) e o propósito de aprender a ser felices.

     As nosas obras e actividades están orientadas á concienciación crítica, ao coñecemento das leis do universo e á maduración persoal.

     O SENTIMENTALISMO é un método, non vende solucións instantáneas, e cada persoa é responsable dos seus progresos ou fracasos. É un proxecto cultural integral que, por riba de tradicións ou escolas, defende a liberdade suprema das persoas e combate os perigos de todo tipo que a ameazan.

O SENTIMENTALISMO é unha filosofía completa, unha maneira de ver o mundo e de vivir”

Somos unha nova cultura!

voltar