SENTIMENTALISMO
Vangarda Artística

Como as vangardas artísticas da primeira metade do século XX (futurismo, dadaísmo, surrealismo, etc.), o SENTIMENTALISMO ten carácter combativo e de ruptura coa tradición estética anterior (como eles romperon co realismo naturalista, o simbolismo, etc.) e ten un espírito pioneiro na busca de novas formas de expresión artística e literaria, que inclúen a rebeldía iconoclasta e o combate contra as dificultades de calquera tipo que limiten a liberdade do artista e, por extensión, a emancipación e o desenvolvemento integral da persoa.

O SENTIMENTALISMO é unha vangarda literaria e artística que, por riba de tradicións ou escolas, defende a liberdade suprema de creadores e creadoras e combate os perigos que a ameazan. (De Manifesto sentimentalista)

contacto
voltar