SENTIMENTALISMO
Presentación

O SENTIMENTALISMO é unha teoría revolucionaria (filosófica, artística e espiritual) que promove a liberación da persoa a través da arte e do coñecemento.

Compartimos o propósito de ser conscientes (dentro dunha sociedade alienada e manipulada), o propósito de mellorar (en calquera aspecto da vida) e o propósito de aprender a ser felices.

As nosas obras e actividades están orientadas á concienciación crítica, ao coñecemento das leis do universo e á maduración persoal.

O SENTIMENTALISMO é un método, non vende solucións instantáneas, e cada persoa é responsable dos seus progresos ou fracasos. É un proxecto cultural integral que, por riba de tradicións ou escolas, defende a liberdade suprema das persoas e combate os perigos de todo tipo que a ameazan.

"O SENTIMENTALISMO é unha filosofía completa, unha maneira de ver o mundo e de vivir"

Somos unha nova cultura!

voltar