SENTIMENTALISMO
Aprendizaxe Consciente

"A civilización unidireccional extínguese, Occidente vive un proceso de desintegración, a tradición xudeocristiá non é capaz de adaptarse ás novas realidades. Individuos, nacións e civilizacións están a experimentar un gran cambio que concita múltiples e novos significados. Enfrontamos o cambio máis intenso que teña coñecido a historia da humanidade. Non é de estrañar a confusión de amplos sectores da poboación porque asistimos a vertixinosos xiros científicos e sociais, fóra de control para os cidadáns, nos que as vellas ideas, sistemas e formulacións deixaron de funcionar.

A vida de moitas persoas é un caos, aínda que o neguen (porque a negación da realidade é unha parte importante do problema); con frecuencia, son persoas que saben o que lles pasa, poden nomear e explicar todo o que lles pasa pero non son capaces de cambiar a realidade. As solucións sociais non funcionan ou funcionan minimamente porque falta un principio orientador, unha crenza de fondo e, sen dimensión transcendente, a persoa non pode ver e comprender o lugar que ocupa no universo. As solucións da Psicoloxía (diagnoses, investigacións, terapias), carentes dun sentido de transcendencia, producen teóricos, dilectantes, mentes aferradas ás miserias humanas. A aceptación da moral colectiva, por parte do individuo, produce persoas recortadas, eivadas, faltas dun propósito de sentido unificador e liberador.

SENTIMENTALISMO ofrece unha nova aprendizaxe, a través da AVS (Arte Vital Sentimentalista), para a realización completa das persoas.

As finalidades da AVS son:

contacto
voltar