SENTIMENTALISMO. III ANTOLOXÍA TRANSCENDENTAL Ver maior

SENTIMENTALISMO. III ANTOLOXÍA TRANSCENDENTAL

Novo produto

Carlos Arias, Xulio Cid Neira, Xabier L. Marqués, Mariña Pérez Rei, Baldo Ramos e Eva Veiga, as autoras e autores seleccionados para esta III Antoloxía Transcendental constitúen un conxunto exclusivo, un ramo de poetas de primeira división que, libremente, se sentiron vencellados ao Movemento e aos seus principios orientadores.

Mais detalhes

100 Itens

16,00 € com IVA

Mais informação

“SENTIMENTALISMO é un gran movemento cultural (filosófico, artístico e espiritual), de carácter exclusivo e de elite, que realiza en todos os campos unha coidada selección das personalidades que incorpora, e tamén dos nosos adherentes. Realizamos un esforzo consciente para superar, a través dun estilo propio, a vulgaridade imperante, a comodidade conformista e a ditadura da mediocridade” (De Causas SENT, 2016).

Carlos Arias, Xulio Cid Neira, Xabier L. Marqués, Mariña Pérez Rei, Baldo Ramos e Eva Veiga, as autoras e autores seleccionados para esta III Antoloxía Transcendental constitúen un conxunto exclusivo, un ramo de poetas de primeira división que, libremente, se sentiron vencellados ao Movemento e aos seus principios orientadores.

A árbore medrou e está a dar froitos. Despois das Antoloxías de Fundación, Implantación e Expansión, e da I e II Antoloxías transcendentais, con esta III Antoloxía Transcendental o SENTIMENTALISMO acada o cimo e a consolidación do seu proxecto poético. Un éxito total.

Definimos eixos teóricos novos e provocamos crises revolucionarias. As propostas do Movemento están a trasladarse ao conxunto das artes e á sociedade. Somos o novo paradigma.

SENTIMENTALISMO é a nova espiritualidade!