SENTIMENTALISMO. II ANTOLOXÍA TRANSCENDENTAL Ver máis grande

SENTIMENTALISMO. II ANTOLOXÍA TRANSCENDENTAL

Produto novo

Carlos Arias, Xulio Cid Neira, Xabier L. Marqués, Mariña Pérez Rei, Baldo Ramos, Xesús Manuel Valcárcel e Eva Veiga son as sete autoras e autores finalmente seleccionados.

Máis detalles

100 unidades dispoñibles

16,00 € IVA incl.

Máis información

"SENTIMENTALISMO é un gran movemento cultural (filosófico, artístico e espiritual), de carácter exclusivo e de elite, que realiza en todos os campos unha coidada selección das personalidades que incorpora, e tamén dos nosos adherentes. Realizamos un esforzo consciente para superar, a través dun estilo propio, a vulgaridade imperante, a comodidade conformista e a ditadura da mediocridade".

“SENTIMENTALISMO, polo número de adherentes, as bases teóricas e a relevancia das personalidades integradas, é o Movemento artístico máis importante na historia da cultura galega” (De Causas SENT, 2016).

Para esta II Antoloxía Transcendental propúxose, no que atinxe ás formas, traballar arredor do RSN (Rebelde Stil Novo), como marca estilística do SENTIMENTALISMO; no tocante aos contidos propuxéronse, como temática común, “As vías de comunicación coa Divindade”.

Carlos Arias, Xulio Cid Neira, Xabier L. Marqués, Mariña Pérez Rei, Baldo Ramos, Xesús Manuel Valcárcel e Eva Veiga son as sete autoras e autores finalmente seleccionados. A súa presenza responde á intención transcendental da obra, entendida como unha gran metáfora (de trans, máis aló, e scando, escalar) que pretende, como no seu momento pretendeu o Manifesto de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, ir Máis Alá (1922), dar un paso adiante, saír de dentro a fóra e atravesar os límites.

SENTIMENTALISMO é a nova espiritualidade!