GRUPO CULTURAL
SENTIMENTALISMO
(Asociación sen ánimo de lucro)

PREGUNTAS FRECUENTES

P: Como podo entrar en relación, incorporarme?
R: En Contacto.

P: Como podo comprar os libros para informarme?
R: En Venda Online.

P: Quen pode pertencer?
R: Dirixímonos a persoas de calquera procedencia, etnia, nivel cultural, laboral, mulleres, homes, casados ou solteiros. Sen límites.

P: Cal é o ámbito de actuación?
R: Seguimos en proceso de constitución. Inicialmente, a Península Ibérica, pero a nosa vocación é mundial.

P: Que actividades se realizan, como se pode participar?
R: Moi variadas. Hainas só para adherentes. Algunhas son por invitación e outras, directamente, abertas ao público e gratuítas.

P: Por que se chama SENTIMENTALISMO?
R: Naceu con ese nome, como vangarda artística e literaria. Dicimos SENT, para abreviar. Estudamos e analizamos emocións e sentimentos.

P: É unha relixión?
R: Non se ofrecen dogmas.

P: Que sodes?
R: Somos unha Escola de Aprendizaxe Vital na que cada persoa alcanza o nivel ao que consegue chegar. Unha Escola de Sabedoría, como na Grecia clásica. É unha concepción da realidade, da vida, cunha dimensión transcendente (só cando así o demanda a persoa).

P: Hai reunións? Como funciona a Organización?
R: Onde son posibles (as reunións), si.

P: Como se dá un de baixa?
R: En calquera momento, é libre. Interésanos só a xente interesada, verdadeiramente interesada.