SENTIMENTALISMO

QUE É?

Somos unha Escola de Aprendizaxe Vital.
Unha Escola exclusiva de Aprendizaxe Vital que aglutina persoas que procuramos o Coñecemento, o Auto-coñecemento.

Nacemos como un Movemento de Vangarda (artística e literaria) pero, polo decidido impulso de escritoras e escritores, artistas, asociadas e asociados, participantes e público, convertémonos nunha Gran Alternativa Cultural.

Propoñemos romper coas vellas nocións (o "sonetismo") tan arraigadas no pensamento e na arte.

Romper coas tradicións caducas, obsoletas e intoxicadoras e abrirlle a porta aos novos tempos, a unha nova Era.
Celebramos a mundialización e, con ela, o gran cambio, internet.

Representamos un novo acceso aos coñecementos e á cultura, somos a aristocracia do espírito, un avance que pretende ser determinante. Avanzamos cara a unha Nova Humanidade.