Rectoral de Romeán

Albergue de Prisciliano
Rectoral de Romeán
LUGO
Galicia (España)

tfns: +34 981 80 15 84
629 82 32 80
alberguedeprisciliano@hotmail.com

 

 

 

 

 

Casa Histórica

Como Casa Histórica, vinculada aos bens eclesiásticos e residencia habitual de curas, durante séculos, a Rectoral de Romeán é unha mostra da arquitectura tradicional galega e dos modos de facer, e de vivir, da curia rural.

 
Nun volume construído total de máis de 500 metros cadrados, conta cun total de 24 prazas autorizadas en varias habitacións, ademais de salóns, biblioteca, cociña, cuartos de baño e outras dependencias de estancia e relaxación.

Restaurada con mimo e total respecto, conservando exactamente todos os espazos orixinais en detrimento do número posible de habitacións, preséntase como un Albergue altamente exclusivo e singular, tanto pola súa historia como polas características da súa restauración.
O resultado é un traballo ben feito, unha casa aberta e familiar, acolledora e especial, para esquecerse de todo e gozar da tranquilidade do campo e da natureza.

Para a súa xestión, dividimos a antiga Rectoral en tres grandes seccións (zona Azul, zona Verde e zona Amarela), que comparten os espazos comúns.

 

 

 

Prezos e modalidades

CASA COMPLETA
dúas noites: 200 €
tres noites:   250 €
de cinco a sete noites:   500 €

Máis de unha semana: consultar

 

 

Localización

 

No Camiño Primitivo de Compostela, a poucos minutos da bimilenaria Cidade de Lugo, nun entorno marabilloso rodeada de bosques, sitúase a antiga Rectoral de Romeán, actualmente o Albergue de Prisciliano. Esta edificación singular, de pedra nobre, aparece documentada por primeira vez no catastro de bens eclesiásticos do Marqués de la Ensenada, ministro do rei de España Carlos III, e non foi incluída na Lei de desamortización de Mendizábal, permanencendo en posesión da Igrexa ata a súa aquisición polos actuais propietarios e restauradores.

A
Rectoral de Romeán preside un núcleo rural de gran beleza -declarado de interese turístico, como lugar visitable, polo Concello de Lugo-, dispón dunha extensa leira propia, pechada sobre si mesma por grandes muros de pedra de cantería, e álzase maxestosa e singular entre carballos e mirtos centenarios.

 

 

Como chegar?

c-630 de lugo a fonsagrada, qm. 9

 

 

voltar